Por segundo ano o Concello de Culleredo convoca este Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo bo trato, en contra da violencia de xénero", un aspecto da formación social, persoal e cívica que estamos a traballar neste primeiro trimestre xunto coa identidade dixital, a seguridade na rede, as redes sociais e o móbil nas aulas. Esas cousas nas que estamos inmersos gran parte do día e para as que a nosa xuventude debe prepararse no uso crítico, productivo e responsable.
Nesta ocasión quixemos enfocar esta campaña cara ós pequenos detalles cotiás que acaban derivando na imaxe que todos temos no subconsciente cando oimos falar deste tema. Veredes que os enfoques son moi diversos pero eu, secadra son moi subxectivo, quero ver o fío común na intencionalidade de emocionarnos, as imaxes, as historias, a música, hai verdadeiros momentos de bágoa fácil. A verdade é que a saturación e cotidianeidade de feitos desagradables e catástrofes nos medios de comunicación tenden a insensibilizarnos cara ás desgracias alleas (moitas veces sen decatarnos do próximo que pode estar ou que nos pode afectar no futuro a nós mesmos), esa foi a barreira a vencer: chegar ó corazón do receptor destas mensaxes.
Sen unha orde específica quero agradecer a participación dos seguintes equipos participantes na categoría de vídeos e, de paso, enlazarvos ós seus respectivos blogs onde poderedes disfrutar do seu traballo. Todo un pracer traballar con esta promoción nun ambiente tan amigable.
Eiquí a lista de reprodución das curtas participantes:
Dado o escaso prazo para participar e posto que este tema tratámolo máis aló dun mero concurso non podo deixar de compartir outros excelentes traballos entregados ata o momento de facer esta entrada pero posteriores á data de entrega do concurso:
Daniel Martínez,
Ainhoa Pallares e
Cristina Pena, A lista de reprodución que ven a continuación irá incorporando as curtas según se vaian entregando, dádevos por mencionados e gracias a todos pola vosa participación.
E para rematar, un agradecemento e una recomendación.
O agradecemento para o Concello de Culleredo por enfocar cada vez máis a súa atención na xuventude que é o mellor xeito de conseguir unha sociedade igualitaria, responsable, cívica e participativa. Unha inversión a longo prazo con beneficios garantidos.
A recomendación, con este vídeo que emprega un recurso moi xuvenil como é o cómic, é que vos poñades na situación do outro, que imaxinedes cómo viviríades en primeira persoa o que acontece ó voso arredor, sede amigos dos vosos amigos e, o máis importante, implicádevos, non vos encollades nin pechedes os ollos se os vosos seres queridos están a pasalo mal.
A segunda categoría de concurso é a de Cuñas radiofónicas e a continuación tedes as participantes que foron aloxadas en SoundCloud:
E rematamos este artigo, esta vez sí, cos tuíts que o alumnado compartíu nun documento colaborativo e que, aínda que fora de concurso, imos promocionar o 25N a través das nosas redes sociais.
- A educación é a vacina contra a violencia #culleredopolobotrato
- A violencia é medo ás ideas dos demais e pouca fe nas propias #culleredopolobotrato
- Non podo admitir a violencia, nin sequera contra a violencia #culleredopolobotrato
- A violencia é o medo ás ideas dos demais #culleredopolobotrato
- A violencia é o último recurso do incompetente #culleredopolobotrato
- Ollo por ollo e todo o mundo rematará cego #culleredopolobotrato
- A violencia non é forza se non debilidade, nunca podrá crear cousa algunha, soamente a destruirá #culleredopolobotrato
- Ca violencia demostrase a estupidez humana #culleredopolobotrato
- A unha muller non lle deberías poñer a man enriba, pois outra deuche a vida #culleredopolobotrato
- En la violencia no existen segundas oportunidades. #culleredopolobotrato
- A violencia soamente é una expresión do medo #culleredopolobotrato
- Nunca se entra, pola violencia, dentro dun corazón #culleredopolobotrato
- Para unha persoa non violenta todo o mundo é a sua familia #culleredopolobotrato
- A violencia... ¿Para que? se se pode falar #culleredopolobotrato
- El era un rei, o seu rei. Mais o que ela quería era unha república #culleredopolobotrato
- Cando maltratas a unha muller deixas de ser un home #culleredopolobotrato
- É un error esencial considerar a violencia como unha forza #culleredopolobotrato
- Ela quería unha historia, pero non "Bela e Bestia" #culleredopolobotrato
- Todas as persoas valemos por igual e merecemos o mesmo respecto #culleredopolobotrato
- A violencia é o último recurso do incompetente #culleredopolobotrato
- Esfollando unha margarida, ¿quéreme? ¿non me quere? ¿quéreme?... se te maltrata no te quere #culleredopolobotrato
- "Seguro que cambiará, el prometeumo" Non te enganes a ti mesma, se non o fixo xa, nunca o fará #cullerdopolobotrato
- Foi a miña culpa por non alzar a voz a tempo...#culleredopolobotrato
- As feridas curarán, pero o dano seguirá aí. Non te cales, denuncia #culleredopolobotrato
- Lembra, os homes de verdade nos usan a violencia #culleredopolobotrato
- No outro lado do teléfono de emerxencias está a fin dos malos tratos. Se te quere non o demostrará pegándoche #culleredopolobotrato
- A intelixencia crea, a violencia destrúe, se intelixente! #culleredopolobotrato
- A quenes non coñecen outro linguaxe que a violencia, hai que falarlles no seu propio idioma. #culleredopolobotrato
- Por moitas veces que che pida perdón, nunca cambiará #culleredopolobotrato
- O amor exprésase mediante a palabra non coas man #culleredopolobotrato
- Debes saír , volve a vivir , non te quedes en silencio #culleredopolobotrato
- Que gañas con quedarte aí? Acaso crees que vai cambiar? DENUNCIA #culleredopolobotrato
- Eso que el chama amor non o é, que non te engane, ti eres máis lista. #culleredopolobotrato
- Só os cobardes son valentes coas mulleres #culleredopolobotrato
- un golpe doe, pero os insultos son palabras que tamén deixa rastro.Non cales denuncia.
- Cres que aguantando, mellorarán as cousas? Actúa. #culleredopolobotrato
- A muller da a vida, facerlle dano é tamén facéselo ao mundo.. #culleredopolobotrato
- Cada golpe, cada insulto é un motivo máis para denunciar. Non cales, ACTÚA. #culleredopolobotrato
- Non é de cobardes pedir axuda, sempre hai alguén para axudarte #culleredopolobotrato
- Algunhas persoas causan felicidade a onde van, outras cando se van #culleredopolobotrato
- De que che serve aguantar a alguén que non te soporta? Non cales, denuncia. #culleredopolobotrato
- O primeiro golpe é só o primeiro, non sufras en silencio, rompe as cadeas do maltrato #culleredopolobotrato
- Se sofres agresión denuncia a acción. Non busques culpables, atopa solucións.
- Nin golpes que doian, nin palabras que firan #culleredopolobotrato
- Se che increpa, se che ameaza, se che insulta , se che pega, non e digno de estar contigo. Non teñas medo, denuncia #culleredopolobotrato
- Se che fai pagar cada sorriso cunha paliza,denuncia,ti vales máis que todas esas bágoas que che fai botar #culleredopolobotrato
Grazas a todos pola vosa participación. #culleredopolobotrato