miércoles, 25 de noviembre de 2015

25N_#CulleredoPoloBoTrato. Entrega de Premios.

Un ano máis reunímonos na Biblioteca do noso centro para compartir experiencias e aportacións na loita de todos contra a violencia de xénero. Nesta ocasión tamén se recoñece o traballo, sensibilidade, esforzo e divulgación que o noso alumnado amosou cas súas curtas e cuñas que podedes desfrutar neste artigo publicado fai uns días.

A realidade imponse e o certo é que esta problemática, ó igual que outras, trátase a maioría das veces na data sinalada para a súa conmemoración, celebración ou recordo. E non está mal, pero o problema non se arranxa lembrando ós que non están senón educando ós que veñen detrás para que non cometan os mesmos erros. Actuacións municipáis coma este III Concurso escolar de vídeos e cuñas "Polo Bo Trato" contra a violencia de xenero, atopando a implicación da comunidade educativa, son a mellor semente para unha sociedade participativa, implicada e respectuosa consigo mesma.

A Educación vai máis aló do manexo de ferramentas como a palabra, do coñecemento de feitos e contidos, debe chegar ó que se fai con eles. Debe importarnos máis a intencionalidade que hai tras unha mensaxe que a mensaxe en sí mesma, porque as palabras, os coitelos, as armas, as RRSS non son o problema, o problema está en quen as manexa e faino segundo a súa madurez persoal, a súa educación, as súas experiencias, a afectividade recibida. Por unha educación emocional e das persoas non demonicemos ó mensaxeiro nin ás ferramentas, eduquemos no uso responsable, no respecto mútuo e na implicación colectiva nunha vida en sociedade.

Un pouco a cabalo do dito e para rematar esta presentacion do acto de entrega de premios vou recomendarvos o visionado deste vídeo realizado por TRAFEGANDO RONSEIS para a conmemoración do 25N do 2014:


Non vos entreteño máis, aí vai o meu resume do acto de recoñecemento a un colectivo de persoas coas que me sinto orgulloso de traballar e, xa de paso, trasladarvos as máis calurosas felicitacións de parte da organización.

martes, 24 de noviembre de 2015

25N_2015 #CulleredoPoloBoTrato en contra da Violencia de Xénero

Un ano máis chega o día de amosar o traballo e a implicación do alumnado de Culleredo no tratamento dun tema tristemente de actualidade, se cadra este ano máis triste polas novas relacionadas con esta lacra social dos últimos días.

Pouco podemos facer nós pola xeración dos pais dos nosos alumnos porque, aínda que as políticas de axuda e as leis son necesarias, só coa educación corrixiremos a inercia dun comportamento xeralmente machista e, cando menos, de dominación dunhas persoas sobre outras, normalmente por carencias afectivas e de autoestima.

É nesta etapa adolescente onde as persoas constrúen a súa personalidade e seméntanse os comportamentos que poden derivar nas imaxes que asociamos cando escoitamos falar deste tema.
A Educación, sobre todo a emocional, será a mellor das estratexias na loita contra a violencia de xénero.

E é aquí onde o Concello de Culleredo, entre outras actuacións, quere sementar a tolerancia, o respecto e a concienciación na nosa xuventude fomentando a implicación e creatividade con este III Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo Bo Trato" contra a Violencia de Xénero.



E con estas premisas prantexamos o noso proxecto educativo titulado "Nin pecho os ollos nin quero ser espectador. Implicándome" e así o presentamos:

Á hora de comezar un novo proxecto é necesario sentilo como propio, concienciarse, e logo atopar a inspiración para desenvolver o noso proxecto divulgativo, a nosa aportación ou, simplemente, o noso traballo.

Para o primeiro punto convén atopar aqueles recursos coa forza necesaria para facernos reaccionar e para o segundo ollar cómo o fixeron outros antes ca nós, pero conservando a creatividade persoal para non facer máis do mesmo, inspirar e non copiar.



Publicado el 13 feb. 2013
"The Order of Things" (2010)
A short film by the Alenda Brothers - Un cortometraje de los Hermanos Alenda, protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez y Biel Durán. 
Nominado al Premio Goya 2011 - Mejor Cortometraje de Ficción.



Se cadra o formato vídeo-cómic che resulte máis atrainte:




Moitas veces ocorre que unha aportación vosa é fonte inspiradora para outros, o caso que máis coñezo é o desta "carta a un maltratador" que derivou, entre outros, neste vídeo do Centro Guadalinfo de Freila, ou mesmo esta "carta a mi maltratador" dunha xove de 20 anos.



A modo de inspiración convén ver o que fixeron outros compañeiros, neste caso noutros centros:




E tamén o que se fai no Blanco Amor, nesta ocasión na edición 2014, 18 vídeos:



e ti?  Implícaste?

Pois parece que sí. Vexamos a participación no 2015:







Este ano tamén melloramos a nosa colaboración coa difusión vía Twitter das nosas mensaxes acompañándoas dunha imaxe. Clica na captura inferior para acceder ó taboleiro colaborativo en Pinterest.
Ligazón ó taboleiro en Pinterest. Precísase estar rexistrado. Abre en xanela nova.



martes, 25 de noviembre de 2014

25N Acto de entrega de Premios do Concurso "Polo bo trato, en contra da violencia de xénero"

As redes sociais poden ser un recurso educativo máis no voso proceso de formación, esta entrada é para deixar constancia do noso primeiro experimento, e de última hora, de achegarnos ó "feedback" nun acto colectivo.
Nesta entrega de premios tiñades permiso para tuitear o evento e aínda que non foi grande a participación, máis ben testimonial, compre deixar constancia del e que nos serva para vindeiras ocasións.











GRAZAS a tod@s pola vosa participación e saber estar neste acto.

25N - "Polo bo Trato" - Culleredo en contra da violencia de xénero



Por segundo ano o Concello de Culleredo convoca este Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo bo trato, en contra da violencia de xénero", un aspecto da formación social, persoal e cívica que estamos a traballar neste primeiro trimestre xunto coa identidade dixital, a seguridade na rede, as redes sociais e o móbil nas aulas. Esas cousas nas que estamos inmersos gran parte do día e para as que a nosa xuventude debe prepararse no uso crítico, productivo e responsable.



Nesta ocasión quixemos enfocar esta campaña cara ós pequenos detalles cotiás que acaban derivando na imaxe que todos temos no subconsciente cando oimos falar deste tema. Veredes que os enfoques son moi diversos pero eu, secadra son moi subxectivo, quero ver o fío común na intencionalidade de emocionarnos, as imaxes, as historias, a música, hai verdadeiros momentos de bágoa fácil. A verdade é que a saturación e cotidianeidade de feitos desagradables e catástrofes nos medios de comunicación tenden a insensibilizarnos cara ás desgracias alleas (moitas veces sen decatarnos do próximo que pode estar ou que nos pode afectar no futuro a nós mesmos), esa foi a barreira a vencer: chegar ó corazón do receptor destas mensaxes.

Sen unha orde específica quero agradecer a participación dos seguintes equipos participantes na categoría de vídeos e, de paso, enlazarvos ós seus respectivos blogs onde poderedes disfrutar do seu traballo. Todo un pracer traballar con esta promoción nun ambiente tan amigable.


Eiquí a lista de reprodución das curtas participantes:


Dado o escaso prazo para participar e posto que este tema tratámolo máis aló dun mero concurso non podo deixar de compartir outros excelentes traballos entregados ata o momento de facer esta entrada pero posteriores á data de entrega do concurso: Daniel Martínez, Ainhoa Pallares e Cristina Pena, A lista de reprodución que ven a continuación irá incorporando as curtas según se vaian entregando, dádevos por mencionados e gracias a todos pola vosa participación.



E para rematar, un agradecemento e una recomendación.
O agradecemento para o Concello de Culleredo por enfocar cada vez máis a súa atención na xuventude que é o mellor xeito de conseguir unha sociedade igualitaria, responsable, cívica e participativa. Unha inversión a longo prazo con beneficios garantidos.
A recomendación, con este vídeo que emprega un recurso moi xuvenil como é o cómic, é que vos poñades na situación do outro, que imaxinedes cómo viviríades en primeira persoa o que acontece ó voso arredor, sede amigos dos vosos amigos e, o máis importante, implicádevos, non vos encollades nin pechedes os ollos se os vosos seres queridos están a pasalo mal.



A segunda categoría de concurso é a de Cuñas radiofónicas e a continuación tedes as participantes que foron aloxadas en SoundCloud:



E rematamos este artigo, esta vez sí, cos tuíts que o alumnado compartíu nun documento colaborativo e que, aínda que fora de concurso, imos promocionar o 25N a través das nosas redes sociais.

  • A educación é a vacina contra a violencia #culleredopolobotrato
  • A violencia é medo ás ideas dos demais e pouca fe nas propias #culleredopolobotrato
  • Non podo admitir a violencia, nin sequera contra a violencia #culleredopolobotrato
  • A violencia é o medo ás ideas dos demais #culleredopolobotrato
  • A violencia é o último recurso do incompetente #culleredopolobotrato
  • Ollo por ollo e todo o mundo rematará cego #culleredopolobotrato
  • A violencia non é forza se non debilidade, nunca podrá crear cousa algunha, soamente a destruirá #culleredopolobotrato
  • Ca violencia demostrase a estupidez humana  #culleredopolobotrato
  • A unha muller non lle deberías poñer a man enriba, pois outra deuche a vida #culleredopolobotrato
  • En la violencia no existen segundas oportunidades. #culleredopolobotrato
  • A violencia soamente é una expresión do medo #culleredopolobotrato
  • Nunca se entra, pola violencia, dentro dun corazón #culleredopolobotrato
  • Para unha persoa non violenta todo o mundo é a sua familia #culleredopolobotrato
  • A violencia... ¿Para que? se se pode falar #culleredopolobotrato
  • El era un rei, o seu rei. Mais o que ela quería era unha república #culleredopolobotrato
  • Cando maltratas a unha muller deixas de ser un home #culleredopolobotrato
  • É un error esencial considerar a violencia como unha forza #culleredopolobotrato
  • Ela quería unha historia, pero non "Bela e Bestia" #culleredopolobotrato
  • Todas as persoas valemos por igual e merecemos o mesmo respecto #culleredopolobotrato 
  • A violencia é o último recurso do incompetente #culleredopolobotrato
  • Esfollando unha margarida, ¿quéreme? ¿non me quere? ¿quéreme?... se te maltrata no te quere #culleredopolobotrato
  • "Seguro que cambiará, el prometeumo" Non te enganes a ti mesma, se non o fixo xa, nunca o fará #cullerdopolobotrato
  • Foi a miña culpa por non alzar a voz a tempo...#culleredopolobotrato
  • As feridas curarán, pero o dano seguirá aí. Non te cales, denuncia #culleredopolobotrato
  • Lembra, os homes de verdade nos usan a violencia #culleredopolobotrato
  • No outro lado do teléfono de emerxencias está a fin dos malos tratos. Se te quere non o demostrará pegándoche #culleredopolobotrato
  • A intelixencia crea, a violencia destrúe, se intelixente! #culleredopolobotrato
  • A quenes non coñecen outro linguaxe que a violencia, hai que falarlles no seu propio idioma. #culleredopolobotrato
  • Por moitas veces que che pida perdón, nunca cambiará #culleredopolobotrato
  • O amor exprésase mediante a palabra non coas man #culleredopolobotrato
  • Debes saír , volve a vivir , non te quedes en silencio #culleredopolobotrato
  • Que gañas con quedarte aí? Acaso crees que vai cambiar? DENUNCIA  #culleredopolobotrato
  • Eso que el chama amor non o é, que non te engane, ti eres máis lista. #culleredopolobotrato 
  • Só os cobardes son valentes coas mulleres #culleredopolobotrato
  • un golpe doe, pero os insultos son palabras que tamén deixa rastro.Non cales denuncia.
  • Cres que aguantando, mellorarán as cousas? Actúa. #culleredopolobotrato
  • A muller da a vida, facerlle dano é tamén facéselo ao mundo.. #culleredopolobotrato
  • Cada golpe, cada insulto é un motivo máis para denunciar. Non cales, ACTÚA. #culleredopolobotrato
  • Non é de cobardes pedir axuda, sempre hai alguén para axudarte #culleredopolobotrato
  • Algunhas persoas causan felicidade a onde van, outras cando se van #culleredopolobotrato
  • De que che serve aguantar a alguén que non te soporta? Non cales, denuncia. #culleredopolobotrato 
  • O primeiro golpe é só o primeiro, non sufras en silencio, rompe as cadeas do maltrato #culleredopolobotrato
  • Se sofres agresión denuncia a acción. Non busques culpables, atopa solucións.
  • Nin golpes que doian, nin palabras que firan #culleredopolobotrato
  • Se che increpa, se che ameaza, se che insulta , se che pega, non e digno de estar contigo. Non teñas medo, denuncia #culleredopolobotrato
  • Se che fai pagar cada sorriso cunha paliza,denuncia,ti vales máis que todas esas bágoas que che fai botar #culleredopolobotrato


Grazas a todos pola vosa participación. #culleredopolobotrato

sábado, 24 de mayo de 2014

Últimos recuerdos

Este videopoema se presenta al I Concurso de Videopoesía que organiza la BiblioEBA. Está realizado por Sarai Sánchez y Sandra Rivadulla de 3º.

jueves, 22 de mayo de 2014

El IES EBA gana el I Concurso de videopoemas Palabrasenpapel

El pasado 21 de mayo tuvo lugar la gala final y entrega de premios a los ganadores del I Concurso escolar de videopoemas Palabrasenpapel organizado por el Ayuntamiento de A Coruña, Polisemias y el Centro de Formación y Recursos.

Un concurso de fomento de la creación literaria dirigido a los estudiantes de secundaria de los centros educativos de la provincia y en el que se proponía la utilización de las nuevas tecnologías como herramientas al servicio de la palabra creando un videopoema original.

En esta primera ocasión participaron 175 alumnos de secundaria de 8 institutos, públicos y concertados, con 80 videopoemas (35 de nuestro centro) de los que los siguientes 12 resultaron finalistas:

  • Seducción felina (2º premio), de la alumna Sabela Rodríguez; del CPR Calasancias de A Coruña.
  • Pigmalión, de Olga Aller, Katia Valiño, Uxía Lata y Nataxa Fernández; del CPR Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús de A Coruña.
  • La flor de toxo, de Silvia Padín, Maite Salgado, Uxía García y Alejandro Carro; del IES Salvador de Madariaga de A Coruña.
  • Xuizo de Paris, de Agustina Amor Mercado, Carla Dávila Seoane, Ernesto Morás Ulloa y Carmen Rodríguez Gómez; del IES Rafael Dieste de A Coruña.
  • Pigmalión, de Sara Romero y Andrea Morano; del IES Rafael Dieste de A Coruña.
  • Cecais, de Lía Pérez, del IES David Buján de Cambre.
  • Mundos de papel (1º Premio), de Celia Acción, Carolina Galán y María Geremías; del IES Blanco Amor de Culleredo.
  • Deitado frente ao mar (3º Premio), de Nerea Fernández de la Cruz; del IES David Buján de Cambre.
  • Ondas do mar de Vigo, de Carlota Fiaño Salinas, Ana Naya Aguiar, Héctor Franco Ferreiro, Carla Castro López, Manuel Manovel Santacruz, Jorge González Garrido, Daniel López Conde, Andrea Mayor González y Adrián Paz Seijo, del IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
  • Llevo tu corazón, de Neves Eiriz y Sofía Sabio, del IES Blanco Amor de Culleredo.
  • Coas pálpebras baixas, de Carlota Fiaño Salinas, Ana Naya Aguiar, Héctor Franco Ferreiro, Carla Castro López, Manuel Manovel Santacruz, Jorge González Garrido, Daniel López Conde, Andrea Mayor González y Adrián Paz Seijo, del IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
  • A ave, de Álvaro Pazos, del IES David Buján de Cambre.


Para los tres primeros hubo una tablet por alumno, para los cuartos y quintos un lector electrónico y para el resto una mención honorífica.

Enhorabuena a todos los participantes y ya os dejo con el videopoema ganador "Mundos de Papel" en el que Celia Acción (música), Carolina Galán (imágenes) y María Geremías (poesía) plasmaron un perfecto trabajo creativo y colaborativo con el que nos han sorprendido a todos. 



Por último quisiera reconocer el enorme mérito de todos los trabajos presentados en el IES Eduardo Blanco Amor, y que podéis visionar en la pestaña Videopoesía, por la creatividad e iniciativa personal en la resolución de los problemas de edición ya que no tuvieron ninguna ayuda técnica ni orientación temática por parte del profesorado.

Y lo mejor de todo para el final: el despliegue de creatividad y espontaneidad que puede surgir de nuestra juventud, echad un vistazo a la lista de reproducción de Polisemias  donde están alojados los vídeos finalistas y que han sido proyectados en la gala.

Desde un centro educativo se agradecen estas experiencias intercentros que son mucho más que una competición, una oportunidad de aprender, de relacionarse, de fomentar la autoestima y el espíritu de superación, porque el año que viene los futuros concursantes tendrán unos magníficos ejemplos de creatividad y técnica en todos estos videopoemas que querrán superar. Y que seguro que lo harán.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Videopoesía Carolina y Mateo - Caperucita Roja

Este es el videpoesía que hicimos Carolina Galán y yo para una tarea de informática. Lo grabamos con Audacity y lo editamos con Movie Maker. La música es de Alexander Franke - Little Waltz (canción y licencia aquí) y lo subimos a YouTube. Nos pareció interesante grabar un cuento, y a mí me pareció original los dibujos de mi compañera. Aquí está el vídeo subido a YouTube: