martes, 24 de noviembre de 2015

25N_2015 #CulleredoPoloBoTrato en contra da Violencia de Xénero

Un ano máis chega o día de amosar o traballo e a implicación do alumnado de Culleredo no tratamento dun tema tristemente de actualidade, se cadra este ano máis triste polas novas relacionadas con esta lacra social dos últimos días.

Pouco podemos facer nós pola xeración dos pais dos nosos alumnos porque, aínda que as políticas de axuda e as leis son necesarias, só coa educación corrixiremos a inercia dun comportamento xeralmente machista e, cando menos, de dominación dunhas persoas sobre outras, normalmente por carencias afectivas e de autoestima.

É nesta etapa adolescente onde as persoas constrúen a súa personalidade e seméntanse os comportamentos que poden derivar nas imaxes que asociamos cando escoitamos falar deste tema.
A Educación, sobre todo a emocional, será a mellor das estratexias na loita contra a violencia de xénero.

E é aquí onde o Concello de Culleredo, entre outras actuacións, quere sementar a tolerancia, o respecto e a concienciación na nosa xuventude fomentando a implicación e creatividade con este III Concurso Escolar de Vídeos e Cuñas "Polo Bo Trato" contra a Violencia de Xénero.



E con estas premisas prantexamos o noso proxecto educativo titulado "Nin pecho os ollos nin quero ser espectador. Implicándome" e así o presentamos:

Á hora de comezar un novo proxecto é necesario sentilo como propio, concienciarse, e logo atopar a inspiración para desenvolver o noso proxecto divulgativo, a nosa aportación ou, simplemente, o noso traballo.

Para o primeiro punto convén atopar aqueles recursos coa forza necesaria para facernos reaccionar e para o segundo ollar cómo o fixeron outros antes ca nós, pero conservando a creatividade persoal para non facer máis do mesmo, inspirar e non copiar.



Publicado el 13 feb. 2013
"The Order of Things" (2010)
A short film by the Alenda Brothers - Un cortometraje de los Hermanos Alenda, protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez y Biel Durán. 
Nominado al Premio Goya 2011 - Mejor Cortometraje de Ficción.



Se cadra o formato vídeo-cómic che resulte máis atrainte:




Moitas veces ocorre que unha aportación vosa é fonte inspiradora para outros, o caso que máis coñezo é o desta "carta a un maltratador" que derivou, entre outros, neste vídeo do Centro Guadalinfo de Freila, ou mesmo esta "carta a mi maltratador" dunha xove de 20 anos.



A modo de inspiración convén ver o que fixeron outros compañeiros, neste caso noutros centros:




E tamén o que se fai no Blanco Amor, nesta ocasión na edición 2014, 18 vídeos:



e ti?  Implícaste?

Pois parece que sí. Vexamos a participación no 2015:







Este ano tamén melloramos a nosa colaboración coa difusión vía Twitter das nosas mensaxes acompañándoas dunha imaxe. Clica na captura inferior para acceder ó taboleiro colaborativo en Pinterest.
Ligazón ó taboleiro en Pinterest. Precísase estar rexistrado. Abre en xanela nova.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo los usuarios con cuentas Google podrán realizar comentarios en las entradas de este blog.
Los comentarios no se publicarán inmediatamente dado que pasarán un filtro a través del Moderador.
Aunque para comentar tengas que identificarte con tu correo gmail sólo tu nombre aparecerá publicado. Tu dirección de correo nunca será públicada.