miércoles, 25 de noviembre de 2015

25N_#CulleredoPoloBoTrato. Entrega de Premios.

Un ano máis reunímonos na Biblioteca do noso centro para compartir experiencias e aportacións na loita de todos contra a violencia de xénero. Nesta ocasión tamén se recoñece o traballo, sensibilidade, esforzo e divulgación que o noso alumnado amosou cas súas curtas e cuñas que podedes desfrutar neste artigo publicado fai uns días.

A realidade imponse e o certo é que esta problemática, ó igual que outras, trátase a maioría das veces na data sinalada para a súa conmemoración, celebración ou recordo. E non está mal, pero o problema non se arranxa lembrando ós que non están senón educando ós que veñen detrás para que non cometan os mesmos erros. Actuacións municipáis coma este III Concurso escolar de vídeos e cuñas "Polo Bo Trato" contra a violencia de xenero, atopando a implicación da comunidade educativa, son a mellor semente para unha sociedade participativa, implicada e respectuosa consigo mesma.

A Educación vai máis aló do manexo de ferramentas como a palabra, do coñecemento de feitos e contidos, debe chegar ó que se fai con eles. Debe importarnos máis a intencionalidade que hai tras unha mensaxe que a mensaxe en sí mesma, porque as palabras, os coitelos, as armas, as RRSS non son o problema, o problema está en quen as manexa e faino segundo a súa madurez persoal, a súa educación, as súas experiencias, a afectividade recibida. Por unha educación emocional e das persoas non demonicemos ó mensaxeiro nin ás ferramentas, eduquemos no uso responsable, no respecto mútuo e na implicación colectiva nunha vida en sociedade.

Un pouco a cabalo do dito e para rematar esta presentacion do acto de entrega de premios vou recomendarvos o visionado deste vídeo realizado por TRAFEGANDO RONSEIS para a conmemoración do 25N do 2014:


Non vos entreteño máis, aí vai o meu resume do acto de recoñecemento a un colectivo de persoas coas que me sinto orgulloso de traballar e, xa de paso, trasladarvos as máis calurosas felicitacións de parte da organización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo los usuarios con cuentas Google podrán realizar comentarios en las entradas de este blog.
Los comentarios no se publicarán inmediatamente dado que pasarán un filtro a través del Moderador.
Aunque para comentar tengas que identificarte con tu correo gmail sólo tu nombre aparecerá publicado. Tu dirección de correo nunca será públicada.